Amosar e ensinar a música e a danza tradicional Galega

Fotodanza1

Co mismo espírito, o Grupo de Baile, desenvolve a súa actividade co afán de divulgar o baile tradicional galego que tanta profusión sempre tivo no concello de Ames.

Componse na actualidade por tres grupos: o primeiro deles está formado por nenos e nenas con idades comprendidas entre os sete e os doce anos.

O segundo grupo componse de parellas entre doce e dezaseis anos. E o terceiro grupo, por parellas formadas entre os dezaseis e os trinta anos.

Todo os grupos bailan ritmos galegos tales como muiñeiras, xotas, pateados, etc., espallando o noso folclore por todo os sitios que van, e procuran manter tan fermosa tradición.

Acompáñanse musicalmente por cuartetos de gaitas que pertencen á Banda de Gaitas da Escola.

Están dirixidos por Inés Mª Sanjiao Domínguez.

Fotodanza2