Amosar e ensinar a música e a danza tradicional Galega


Na Escola de Gaitas e Danzas xorde a canteira dos futuros compoñentes da Banda de Gaitas e do Grupo de Baile, e en ela xúntase alumnos en amplio abanico de idades, pero todos eles baixo un mesmo espírito: "fomentar e divulgar a música e a danza tradicional galega".

Anualmente a Escola participa nos actos da celebración de San Isidro na parroquia de Bugallido, e no seu propio festival de fin de curso, que se converte nunha homenaxe aos propios compoñentes, que participan na sua realización.