Benvidos o noso espacio
A escola de gaitas e danzas "Os Castros" do Concello de Ames fundouse no ano 1992 e pertence á Asociación Cultural "Os Castros"
O espírito de manter vivo o folclore galego motiva a razón de ser da asociación que colabora en festas populares, pasarrúas e todo tipo de romarías galegas.
Participa en numerosos festivais tradicionais e concursos celebrados por outras asociacións de similar índole.
A Banda participa na Liga Galega de Bandas de Gaitas, organizada pola Federación Galega de Bandas de Gaitas da Deputación de Ourense. Neste certame anual conseguiu grandes premios, xa que desde a sua incorporación en cuarta categoría foi ascendendo ata chegar a primeria categoría, sempre quedando nos primeiro postos. Na temporada 2008/09 participou na segunda categoría, certame no que finalmente logrou recuperar a primeira categoría a disputar na temporada 2009/10.